Harry Potter e o Cáliz de fogo (filme)
Harry Potter e o Cáliz de fogo | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Harry Potter and the Goblet of Fire |
Director | Mike Newell |
Produtor | David Heyman |
Guión | Steve Kloves |
Baseado en | Harry Potter e o Cáliz de fogo de J. K. Rowling |
Intérpretes | Daniel Radcliffe Rupert Grint Emma Watson Ralph Fiennes Brendan Gleeson Robert Pattinson Clémence Poésy Stanislav Ianevski |
Música | Patrick Doyle John Williams |
Fotografía | Roger Pratt |
Montaxe | Mick Audsley |
Estudio | Heyday Films |
Distribuidora | Warner Bros. |
Estrea | 18 de novembro de 2005 |
Duración | 157 minutos |
Orixe | Reino Unido Estados Unidos |
Xénero | Fantasía |
Orzamento | $150 000 000 |
Recadación | $896 900 000[1] |
Filme anterior | Harry Potter e o preso de Azkaban |
Filme seguinte | Harry Potter e a Orde do Fénix |
Na rede | |
http://harrypotter.warnerbros.co.uk/gobletoffire/ | |
Harry Potter e o Cáliz de fogo (en inglés: Harry Potter and the Goblet of Fire) é un filme de fantasía[1] dirixido por Mike Newell e baseado na novela homónima escrita por J. K. Rowling. É o cuarto filme da serie de filmes de Harry Potter. Foi escrito por Steve Kloves e producido por David Heyman. A historia céntrase no cuarto ano de Harry Potter na Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería, durante o que é escollido polo Cáliz de fogo para competir no Torneo Tres Meigos, unha competición moi perigosa. A película está protagonizada por Daniel Radcliffe como Harry Potter, con Rupert Grint e Emma Watson como os mellores amigos de Harry, Ron Weasley e Hermione Granger. O resto do elenco inclúe a Brendan Gleeson, Robert Pattinson, Clémence Poésy, Stanislav Ianevski e Ralph Fiennes.
O filme tivo a súa estrea no Reino Unido e os Estados Unidos o 18 de novembro de 2005. A recadación nas salas internacionais ascende a 895,9 millóns de dólares estadounidenses.[1] Recibiu unha candidatura aos Premios Oscar pola Oscar á mellor dirección artística, que finalmente gañou Memorias dunha gueixa. Non obstante, o filme gañou o premio BAFTA ao mellor deseño de produción. O Cáliz de fogo foi o segundo filme en proxectarse en salas IMAX e é un dos que recibiu mellores críticas debido á madurez e sofisticación dos personaxes, o ton máis escuro e complexo da liña argumental e as actuacións do elenco principal.[2]
Sinopse
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Harry Potter e o Cáliz de fogo.
Durante o cuarto ano, a Marca Escura aparece no ceo despois dun ataque feito por parte dos Devoradores da Morte na Copa do Mundo de Quidditch. Iniciado o curso en Hogwarts, Harry pasa as noites sufrindo pesadelos. Ademais, este ano a escola é a anfitrioa dun lendario evento: o Torneo Tres Meigos. Tres escolas europeas participan na competición, con tres "campións" que as representan nas probas. O Cáliz de fogo elixe a Fleur Delacour, Viktor Krum e Cedric Diggory para que compitan entre eles. Non obstante, o nome de Harry tamén sae do obxecto máxico, converténdoo no cuarto campión e obrigándoo a participar tamén. O Torneo remata cun encontro entre Harry e un renacido Voldemort que consegue recuperar a súa forma corpórea.
Elenco
[editar | editar a fonte]- Daniel Radcliffe como Harry Potter, protagonista do filme.
- Rupert Grint como Ron Weasley, mellor amigo de Harry.
- Emma Watson como Hermione Granger, mellor amiga de Harry.
- Robbie Coltrane como Rubeus Hagrid, o gardabosques de Hogwarts.
- Ralph Fiennes como Lord Voldemort, o meigo escuro, que busca volver á súa forma humana.
- Michael Gambon como Albus Dumbledore, o director de Hogwarts.
- Brendan Gleeson como Alastor Moody, o novo profesor de Defensa contra a Maxia Negra de Hogwarts.
- Jason Isaacs como Lucius Malfoy, o pai de Draco Malfoy e un dos seguidores de Voldemort.
- Gary Oldman como Sirius Black, o padriño de Harry.
- Alan Rickman como Severus Snape, o profesor de Apócemas de Hogwarts e xefe da Casa Slytherin.
- Maggie Smith como Minerva McGonagall, a profesora de Transfiguración e xefa da Casa Gryffindor.
- Timothy Spall como Peter Pettigrew, un servinte de Voldemort.
- Devon Murray como Seamus Finnigan, amigo de Harry.
- Matthew Lewis como Neville Longbottom, amigo de Harry.
Robert Pattinson, Clémence Poésy e Stanislav Ianevski aparecen como Cedric Diggory, Fleur Delacour e Viktor Krum, os estudantes elixidos para representar respectivamente a Hogwarts, Beauxbatons e Durmstrang no Torneo Tres Meigos.
Banda sonora
[editar | editar a fonte]Harry Potter e o Cáliz de fogo | ||||
---|---|---|---|---|
Banda sonora de Patrick Doyle | ||||
15 de novembro de 2005 | ||||
Duración | 75:58 | |||
Xénero | Banda sonora | |||
Selo discográfico | Warner/Sunset | |||
Cronoloxía | ||||
|
A banda sonora de Harry Potter e o Cáliz de fogo lanzouse ao mercado o 15 de novembro de 2005. Ao contrario que nas anteriores tres entregas da saga, as pezas musicais non foron compostas por John Williams, senón por Patrick Doyle. Isto veu derivado de que Williams tivo algúns problemas de programación, dado que ese mesmo ano compuxo as músicas para Star Wars Episode III: Revenge of the Sith e as películas de Steven Spielberg Memoirs of a Geisha, Munich e War of the Worlds.
- Lista de pistas
- "The Story Continues" - 1:31
- "Frank Dies" - 2:12
- "The Quidditch World Cup" - 1:52
- "The Dark Mark" - 3:27
- "Foreign Visitors Arrive" - 1:30
- "The Goblet of Fire" - 3:23
- "Rita Skeeter" - 1:42
- "Sirius Fire" - 2:00
- "Harry Sees Dragons" - 1:54
- "Golden Egg" - 6:11
- "Neville's Waltz" - 2:11
- "Harry in Winter" - 2:56
- "Potter Waltz" - 2:19
- "Underwater Secrets"[3][4] - 2:28
- "The Black Lake" - 4:38
- "Hogwarts' March" - 2:47
- "The Maze" - 4:44
- "Voldemort" - 9:39
- "Death of Cedric" - 1:59
- "Another Year Ends" - 2:21
- "Hogwarts' Hymn" - 2:59
- "Do the Hippogriff"[5] - 3:39
- "This Is the Night"[5] - 3:24
- "Magic Works"[5] - 4:02
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Harry Potter and the Goblet of Fire (2005)". Box Office Mojo. Consultado o 5 de febreiro de 2009.
- ↑ Rotten Tomatoes: Harry Potter and the Goblet of Fire (2005)
- ↑ Esta pista foi feita por Abigail Doyle (filla de Patrick Doyle), que é a que canta a adiviña das sereas.
- ↑ Esta pista tamén inclúe liñas que non se escoitan na película, pero que aparecen no libro.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 As pista da 22 á 24 non foron compostas por Patrick Doyle. Estas cancións escóitanse durante as escenas do baile. "Do the Hippogriff" foi composta por Jarvis Cocker e Jason Buckle, mentres que "This Is the Night" e "Magic Works" foron compostas por Cocker. O tema do baile vén da simfonía nº 3 de Samuel Wesley
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Filmes de 2005
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes do Reino Unido
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Mike Newell
- Filmes de Harry Potter
- Filmes de Warner Bros.
- Filmes de Pinewood Studios
- Filmes de Heyday Films
- Filmes rodados no Reino Unido
- Filmes ambientados en 1994
- Filmes ambientados en 1995
- Filmes ambientados en Escocia
- Filmes baseados en obras de J. K. Rowling
- Filmes sobre feiticería
- Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes distribuídos en sistemas IMAX
- Filmes de 2005 con versión en galego